¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
Secciones
Síguenos en las redes
Buscar
Idiomas disponibles

Romería de San Ramón de Bealo

A cita secular das embarazadas

Nunha contorna de petróglifos e pegadas arqueolóxicas e históricas celébrase unha das romarías máis antigas de Galicia e a única que se desenvolve de xeito ininterrompido dende 1756 (no 2020 a pandemia do covid-19 obrigou a suprimir verbenas e limitar outras actividades). A romaría de San Ramón de Bealo cita ás e aos boirenses cada 31 de agosto a unha xornada campestre no Campo dos Outeiriños, con comida, viño e orquestras como reclamos. Pero a auténtica singularidade desta festa radica na condición do santo de patrón das parturientas. As mulleres acoden á ermida de San Ramón na busca dun parto feliz ou dun próximo embarazo, cunha notable e vistosa concentración de veciñas encinta na procesión. A romaría está vinculada a ritos pagáns ligados á fecundidade desde tempos inmemoriais, como se pode constatar á vista dalgún gravado con forma de serpe, símbolo da fertilidade.

 

  • UBICACIÓN: Campo dos Outeriños. Ermida de San Ramón de Bealo
  • MAIL: turismo@boiro.org
  • TELÉFONO: 981 842 654
  • WEB: https://boiroturismo.gal
  • ACCESIBILIDADE: Practicable para personas con movilidade reducida

 

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar